…a presente publicación desexo tambén adicarlla
a todas as baixas que caeron pola banda dos loitadores e loitadoras ou nas
cárceres ou nas cunetas ou na batalla. A xente como Quico, ou ‘Quico’Francisco Sabaté
Llopart o 5 de xaneiro de 1960 na localidade de SantCeloni. Igual dedicado
debería está a esas víctimas do holocausto na Gaza, e a toda persoa vítima das
balas do baleiro. O fascismo, a colonización e dominación da ignorancia, o
poder do absolutismo e o mecanicismo da baixa estofa mediática que nos sorbe
nun rectángulo. Non é paradóxico que algo tan regular, domine algo tan caótico,
natural¿?humano. E xà se sabe, canto máis histórico, máis istriónico. Tal vez
sexa vàn sonroxarse ante os impúlsos sinceiros (sempre temporáis) de arranxar o
mundo. Sen embargo o mundo empeza no centro, de cada un, de cada unha. Nun espazo
enmudecido. Mais cun latexo ben forte. Liberdade!
Déixovos a narración do Quico, sobre
todo à aquelas persoas que senten a revolución en cada átomo da vida.
Guerrilleiro
Contra
Franco
A guerrilla antifranquista
de Galiza-León
(1936-1951)
[Francisco
Martínez-López ‘Quico’]
EDICIONS
1936
/ 21 de xullo
Mais,
aos dous días, Ponferrada era tomada polas forzas fascistas, a Guarda Civil
traizoaba o seu compromiso de fidelidade á República e comezaban os asasinatos.
O tenente ao mando dos destacamentos asturianos da Guarda de Asalto —vidos para
auxiliar aos traballadores ponferradinos— solicitou negociar coa Guarda Civil;
o capitán permitiulle a entrada ao cuartel. Unha vez dentro, foi asesinado.
Entón comezaron os disparos contra os obreiros que ocupaban Ponferrada. Os
traballadores foron derrotados e os republicanos chegados de Oviedo tiveron que
dar media volta fronte ás tropas do xeral Aranda, que tamén traizoara o seu xuramento
de fidelidade á República. Era a derrota.
A
fronte estabilizouse entre León e Asturias. Nese momento moitos bercianos
pasaron a Asturias a combater contra o fascismo; algún morreron no intento. O
terror instalouse no Bierzo no momento en que os fascistas comezaron a
perpetrar os seuscrimes e en que se propagaron as noticias dos primeiros
asesinados en Ponferrada. O medo á delación fixo cambiar moitas relación de
amizade…
[ …
]
1948…
Este
“cambio de táctica” aspiraba a conxugar a acción da guerrilla coa participación
nos sindicatos franquistas para desenvolver a acción política no marco das
institucións legais. En verdade, este cambio non era tal para nós. A
orientación preconizada polo PCE non facía máis que confirmar aos nosos ollos unha
práctica que xa existía en moitas zonas de acción da guerrilha.
(…)
Ás veces chegaban persoas de Barcelona ou Madrid devecendo por colaborar
connosco.
Mais
tiñamos poucos medios materiais e non nos beneficiábamos e ningún apoio
organizado desde o exterior. A 2ª Agrupación víase obrigada a autofinanciarse,
adquirir armas polos seus propios medios e elaborar soa, con medios
rudimentarios, o xornal El Guerrillero
e toda a propaganda que distribuïamos. De cando en vez chegaba un Mundo Obrero que reproducíamos en Lugo.
E a través de Radio Pirenaica —a radio clandestina do PCE, que en 1948 emitía,
seica, desde Moscú—coñecíamos as orientacións preconizadas polo PCE.
Malia
estas condicións pouco favorábeis, proseguíamos a nosa acción conforme á
orientación que elixiramos.
En
primeiro lugar, actuábamos desde as aldeas. Multipicabamos as acción de
propaganda e organizábamos os mozos en cada lugar. E, sobre todo,
axudabámoslles aos campesinos a defendérense contra as trampas do sistema de
taxas, a resistiren aos inspectores de Abastos e, dun xeito xeral, a
multiplicaren as formas primarias de desobediencia e resistencia aos
representantes do poder. Ao solidarizarse cos guerrilleiros, os campesinos
destes lugares aprendían a ser solidarios entre eles e esta solidariedade contribuíu
a desenvolver una verdadeira cultura antifranquista.
(…)
Mais
a represión das forza policiais non cedía. Ao contrario. O comandante Miguel
Arricivita Vitondo, formado nunha escola de Madrid especializada na loita
contra a guerrilla, chegóu a Ponferrada entre 1946 e 1947. Encargado de todo o
sector no que executabamos as nosas acción, non retrocedeu ante ningún medio
para levar a cabo a súa estratexia de liquidación: intimidacións,
infiltracións, subornos, torturas, asasinatos.
[ …
]
En
canto a min, á vez que a ferida do meu brazo cicatrizaba aos poucos, ía descubrindo
A Cabreira.
Gardo
gravado na miña memoria o recordó da noite na que cheguei a Castrillo e atopei
por primeira vez a Manuel Girón, do que xa non me separei até a véspera da súa
norte. Ao día seguinte, tiña o sentimento de chegar a un país novo. A beleza
das paixases e a actitude dos habitantes contradecían completamente os
prexuízos dos meus vecinos, unha miga rexionalistas, do Bierzo e que cultivaban
o desprezo da Cabrera para disimular as súas propias miserias.
Eu
tamén caerana influencia destas ideas preconcebidas. Até entón, non vía máis
que o subdesenvolvemento económico desta rexión sen coñecer a súa riqueza
cultural, unha cultura popular que moita xente do bierzo, tan celosa da súa
tradición, podería envexar….
[ …
]
Os
“polainas” (como os chamaba Roberto López Virnes)
querían militarizarnos, designar xefes, una xerarquía, facérense chamar polos
seus graos e non polos seus nomes, pór termo, con risco de illarnos, á familiaridade
que nos unía aos enlaces e aos nosos hospedadores das casas de apoio….
Con
todo, no seo do exército guerrilleiro existían partidarios incondicionais do Coronel Benito; era o caso de Francisco
Rei Balbis, Moncho, responsábel da
Agrupación á que pertencían os individuos que Benito nos enviou: aquilo sorprendeunos moito. Aparentemente, non
eramos os únicos sorprendidos: mais tarde decatámonos de que Benigno Andrade Foucellas, en desacordo con estes
acabados de chegar, tomara precaucións para illarse cun grupo na Coruña e
manifestaba reservas tamén cara ao Moncho. Mais desgraciadamente, non puidemos
establecer contacto con Foucellas e
os seus compañeiros. Este grupo sería máis tarde vítima dunha denuncia; Foucellas, gravemente ferido, foi detido
pola guarda civil e agarrotado na Coruña en 1952…
( …
) Tamén decidimos rachar todo contacto
coa dirección do Exército Guerrilleiro de Galiza, pois considerábamos que os
homes investidos de responsabilidades pola dirección do PCE eran uns traidores,
tivesen ou non a confianza desta dirección. Para aclarar a situación tratamos
de nos pór en relación cunresponsábel do PCE en Ponferrada. Mais foi imposíbel.
Desde a nosa chegada a Francia tratamos de novo obter alguna aclaración por
parte dos dirixentes do PCE. Sen éxito.
[ …
]
1950.
UNHA GUERRILLA AMEAZADA
Unha
vez extraídas as primeiras consecuencias destes graves problemas internos que
conduciron a tantas mortes entre os guerrilleiros, comenzou una nova etapa para
o que quedaba da 2ª Agrupación.
( …
)
… un
fermoso refuxio para comer e durmir ao abrigo do frío e da neve. Para min era
una novidade. Nós non eramos, falando propiamente, “maquis”, homes do monte.
Até entón, fóra dalgúns altos durante as marchas de varios días, sempre parei
en aldeas. Polo tanto era a primeira vez que o meu domicilio estaba na montaña.
(…)
Pola
mañá, instalados a carón do lume, estaban tranquilamente desplumando para
Carmen unas perdices que Laureano cazara esa mesma mañá e preparábanse para
tomar un bo almorzó. De súpeto, viron chegar pola porta aberta cara a fóra, una
ducia de guardas civís que se dirixían cara á casa, sen dúbida para quntarse
eles tamén perto do lume. Os guardas foron os primeiros sorprendidos de descubrir
alí a tres homes que se puxeron a disparar sobre eles. Dous gardas, segundo
creo, foron feridos no primeiro intercambio de tiros. Mais axiña os asaltantes
prepararon una emboscada para bloquear a entrada principal aos nosos
compañeiros. Un guarda subiu ao teito parta deixar caer granadas pola chimenea.
Foi gravemente ferido…
As
balas triscaban. Os nosos camaradas resistiron durante varias horas. Mais
chegou o momento no que tiñan que saír custase o que custase…
[ …
]
Non
nos cabía dúbida de que esa caída debía significar o recoñecemento da
lexitimidade do noso combate pasado e a rehabilitación de todas aquelas e todos
aqueles que, con o usen armas, coñeceran a prisión, a tortura, o exilio, o
asesinato, o garrote vil. Mais só tivemos dereito á amnesia como prezo da
amnistía. Celebramos a chegada da democracia antes de sernos excluídos da
historia que a fixera posíbel!
* * * *
[Francisco
Martínez-López ‘Quico’]
EDICIONS
A NOSA TERRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
o tu no-comentario