feeeerncccias
Risco e voz núa atemperada no fluxo da
natureza. Nas verbas do Senhlhe nom atopo máis ca un ecoar irmão dun
descoñecido. Obxetivo; a obxetivação
proven da natureza viva e morta. A interpretación; gargallada no ventre,
penedo, cartilagem farrapenta. A verdade é que desexaría velo nas rúas e fora
do cárcere. A verdade é que nunca chego a comprender. E se o fago, invádeme a carraxe. A liberdade da carraxe he conmutada. A única liberdade. Ben para
poetas ou traficantes do coltan. O filamento da neboa surca a arvorada e os
punzóns da lúa ancoran. ¿Quén se lucra ca opresión?. Aquel que ofrece diversión
alienada. Campos de concentración reprogramada. Erosionando a carraxe, afogando
o xemido. Cónstame que a capacidade evolutiva radica no poder da resistencia,
na rebelión contra a incertidume. Trocar as estruturas da opresión. Cónstame
tambén, facendo un pouco de antropoloxía, lendo un pouco a historia, que da
razón esperábase liberar da oscuridade a humanidade, sen embargo, a
racionalidade revestida de moralidade acabóu por afogar as línguas da
convivencia. As hixiénicas autoridades inxectan grumos de ideoloxía nos
fracturas da realidade...
Editado xa o primeiro caderno e
escrito antes de ser privado da sua liberdade e posto en prisión; recollo eiquí
uma das súas poesías.
feeeerncccias
INTERFERÊNCIAS
Adriám
Mosquera Paços
Olhos de inverno
I
O seu
era un ranhacéus de cisco e vermes,
aquela escada de esperas,
umha cisterna
que era a chúvia derradeira
dos días.
Ás vezes,
cabalgava as néboas
abaneando o final dos
caminhos
e agromavan flores para cada
orquestra,
umha utopía de beijos caindo
sobre a idade
e os graus.
Chamáro-no príncipe das
carantonhas, mas era soldado
que desfilaba polos buracos
e as noites das palabras.
O seu era o rostro rosado e
a espalda
aterecendo,
era um baile simpático e
sinistro, eran orgias
entre sombras e ánsias,
um andamio enferruxado que
emerge no mundo e tropeza.
II
O
gato olha-me fixamente
Ao fondo dos seus olhos as
canicas som lagoas entumecidas
é ai onde te agardarei
e nom será para sempre
mas será um astro enrevesado
polas teas de aranha
e as poucas ganhas de seguir
a órbita
esquecerá-lo todo
na paréntese busquei-te
como é que estás tam longe?
os teus gemidos som
interrogantes retorcendo-se
III
Descalça-te
IV
Quero
subir ao telhado
e beber mais do horizonte
aberto
Tes agua para mim
ou nom
ou só tes fechaduras
calar a boca e balancear-me
nos teus olhos
-Estamos mais vivos que o
rio.
-Por isso sempre buscamos.
-Penso que porque chegamos
tarde.
O teu surriso é um maldito
crucigrama
V
Os
contos ressoam nos ouvidos
tinhamos asas impregnadas de
céu
e nom sabíamos por onde sair
podía ser hoje o final
e nom sabemos por onde sair
(na parede inscrito): “é
triste a noite sem tu”
ascensores da tortura
e cava-ches até tam adentro
que som mais ocos os meus
olhos de inverno
“vomito sangue”
Ele quería sair vivo da
Jaula
neno asustado ao serviço das
olheiras
“Somos lixo que se resolve
até as fábricas.”
VI
deixaches o
lombo na leira
e agora quem vai vir
recolhé-lo
quem virá
e agora
a erva crece a pesar de todo
…escrito
no 2012
em
Quistiláns,
Ames
Galiza.
Esta
sociedade parapolicial, de fé cega no estado que non fai máis que anular ó
individuo mediante terapias alienantes, sociedade burocrática-xudicial, ignora
a historia. O estado necesita, transgrede, desta fusión ca sociedade o continuo
nacemento e idolatría das institucións, e dexeneración do pensamento crítico. Arredor
desta depesonalización nacen as cidades, as nación-Estado (ou partido-Estado). E arredor da cuadratura nace o sistema penal, práctica civil que impón unha
descarnada estrutura de dereitos e obligacións. Xerarquía, explotación.
Non vou
adentrarme na xestión, tortura, dos centros penitenciarios, de sabidas é. Nen na
utilidade dos mesmos, nen no seu custo, nen na disgregación que supón ós
reclusos. Ciruxía moral para que a tiranía pareza un pai protector que premia,
ós conformismos, que premia, ós transformismos. E castiga; á tentativa real da
liberdade.
Adriam
liberdade!!!
Me alegra saber de ti, aunque no sepa leer estos versos en todo su esplendor.
ResponderEliminarHola Carmela; ningún poema es posible dentro de un mundo hecho pedazos, tal vez el poema es encarar dicha imposibilidad.
ResponderEliminarY aquí estamos, agradezco tu visita a este pensar sintiente que es sino la poesía.
Un fuerte abrazo!!
Encarar dicha imposibilidad...... me gusta.
ResponderEliminarOtro abrazo para ti.